luns, 25 de febreiro de 2013

Programa Xuventur

Aula Xuventur está dirixido ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), 1.º curso de bacharelato e 1.º ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos e non teña cumpridos os 18 anos.


INSCRICIÓNS E RESERVAS
A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, dende a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net.
A inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Non se admitirán solicitudes individuais do alumnado.
Cada centro de ensino poderá solicitar e participar en diferentes quendas, ata cubrir as prazas.

PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición comezará o día 25 de febreiro ás 10:00 horas, e finalizará unha semana antes do inicio de cada quenda. O formulario estará dispoñible na páxina web: www.xuventude.net. Non se admitirán as solicitudes cuxa data e hora sexa anterior á sinalada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario