mércores, 27 de febreiro de 2013

Xornadas educativas Xuventude Emprende


PDF Imprimir
programaemprendeO programa Xuventude Emprende, dirixido a mozos/as de bacharelato ou graos formativos de grao medio, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Consiste nunhas xornadas formativas, de 3 días de duración e nas que se inclúe o aloxamento, durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.
O prazo de inscrición estará aberto até o día 8 de marzo con un límite de 40 prazas. As actividades e o aloxamento non suporán ningún custo económico para os/as participantes.
Consulta o folleto do programa
Accede ao formulario de inscrición

Ningún comentario:

Publicar un comentario