A Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Paideia
ofertan 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña,
durante unha estancia de 4 semanas.
Os obxectivos deste programa son
incrementar as posibilidades laborais de mozas e mozos galegos
desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes
países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais
en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou
perfeccionamento das habilidades lingüísticas do idioma do país de
destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de
autonomía.
- Saída prevista: finais de abril – principios de maio de 2013
- Duración da estancia: 4 semanas
- Localización: Karlsruhe (sureste de Alemaña)
- Prazas: 10
- Sectores de prácticas: metal, produción industrial, saúde, gastronomía e comercio
O prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 20 de marzo. Os/as interesados/as deberán:
- Cubrir o formulario de inscrición electrónico recollido ao final desta información.
- Enviar ao enderezo de correo electrónico galeuropa@xunta.es o Curriculum Vitae, modelo Europass, debidamente cumprimentado, segundo o modelo que figura no seguinte enlace: (https://europass.cedefop.europa.eu/cvonline/cv.jsp?forward=before&localeStr=es_ES)
Máis información:
881 999 567/981 544 645
galeuropa@xunta.es
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario