mércores, 13 de marzo de 2013

Curso gratuíto de defensa persoal

O CIM de Ribeira organiza este sábado día 16 de marzo un curso de defensa persoal para mulleres que queiran adquirir algunhas nocións básicas de defensa persoal, nocións que seranlle aprendidas dun xeito eficaz e sinxelo.
O curso terá unha duración de tres horas, entre as 10 e as 13 horas. Será impartido nas instalacións deportivas de A Fieiteira.
As mulleres interesadas poden inscribirse dende mañá no Centro de Información á Muller situada na estrada marxe dereita nº4 (número de teléfono: 981 874 131) ou na oficinas de deportes de A Fieiteira (981 873 646).

Ningún comentario:

Publicar un comentario