mércores, 20 de marzo de 2013

Programa de formación: Xuventude Emprende

Dentro do programa Xuventude Emprende levaranse a cabo unhas xornadas formativas no Albergue Xuvenil de Gandarío
Os obradoiros desenvolveranse  os días 25, 26 e 27 de marzo dirixidas a estudantes de bacharelato ou ciclos formativos de grao medio.
No primeiro, titulado ‘Comunicación e relacións humanas emprendedoras’, abordarase a capacidade de comunicación nun 
entorno onde as relacións se establecen por confianza. Traballarase a psicoloxía e socioloxía da linguaxe tanto verbal e non verbal e a comunicación
para ser mais eficaces e o reforzo de actitudes para ser mais influentes.
O segundo dos obradoiros será o de ‘Comunicación para falar en público’, que ten por finalidade saber defenderse con fortaleza e seguridade 
en calquera situación onde se teña que falar en público.
Esta actividade chamada Xuventude Emprende inclúe o aloxamento, durante os tres días. Os participantes desenvolverán competencias emprendedoras
como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. 
Tamén haberá espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre.
 
Maís Información 

Ningún comentario:

Publicar un comentario