O Concello de Arteixo convoca o XI Certame de Fotografía Ambiental. As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun
tamaño mínimo de 20x25 cm. e máximo de 30x40 cm. e irán centradas e
montadas sobre unha cartolina de 40x50 cm. branca ou negra. As obras serán expostas na “Sala de Exposicións” do Centro Cívico de Arteixo desde o 5 ao 15 de xuño de 2013.
Premios:1º Premio: 800 €
2º Premio: 600 €
3º Premio: 400 €
O prazo para enviar as fotografías estará aberto ata o 24 de maio de 2013.
Máis información no BOP da Coruña do 5 de marzo de 2013 e na OMIX de Arteixo, teléfono 981 602 413
Ningún comentario:
Publicar un comentario