xoves, 11 de abril de 2013

Bolsas da Embaixada de China en España

A través da súa oficina de Asuntos Educativos convoca 1 bolsa para estudantes españois da USC para unha estadía entre o 1 e o 15 de xullo de 2013 nun campamento de verán en China. Esíxese unha idade límite de 25 anos (a 1 de xullo de 2013) e algún coñecemento de chinés. A bolsa inclúe aloxamento, pensión completa, transporte local e o curso de chinés. Os vóos de ida e volta e o seguro médico NON están incluídos.
Para iso ábrese un proceso selectivo que rematará ás 14:00 h do venres 3 de maio. As solicitudes, acompañadas de certificación académica e xustificación dos coñecementos de chinés, deberán ser presentadas no rexistro e irán dirixidas ao vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización.

Info en http://www.usc.es/internacional

Ningún comentario:

Publicar un comentario