mércores, 17 de abril de 2013

Probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:- Cumplir os requisitos de acceso.
- Ter dezaoito anos, para os títulos de técnico.
- Ter vinte anos, para os títulos de técnico superior, ou dezanove anos no caso de posuír xa o título de técnico.
- Non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional obxecto da proba.
O prazo de presentación de solicitudes será durante os derradeiros dez días hábiles do mes de abril.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es co procedemento ED527B
Máis información no DOG do 16 de abril de 2013 e en  www.edu.xunta.es/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario