xoves, 13 de xuño de 2013

Ruta de recollida e coñecemento das herbas de San Xoán

A noite de San Xoán, é a noite do lume, das fogueiras ou cacharelas; da auga, das nove ondas do mar, do orballo.. pero tamén cando as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, a tradición de recollelas, poñelas en auga e lavala cara con esta auga milagreira ao día seguinte.

Dende o Centro Social organizaremos unha ruta de recollida das sete herbas de San Xoán para todas aquelas persoas que queiran aprender a recoñecelas e levalas posteriormente para a casa.

A ruta terá unha duración de 30 min e ao remate comezará unha foliada con grupos de música tradicional

A cita é o sábado 22 de xuño ás 19h e o lugar de sáida é Praia Xardín(enfrente do Bar Arume).

As persoas interesadas poden inscribirse previamente no centro Social de Boiro ou nos mails centrosocial@boiro.org/ omix@boiro.org para que poidamos ter unha previsión do número de participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario