luns, 1 de xullo de 2013

Ciclo de fotografía

Se queres estudar Fotografía no curso 2012/13, e te interesa: os xéneros e técnicas fotográficas, tratamento e retoque de imaxes con Photoshop e Gimp, revelado dixital con Adobe Camera RAW e Lightroom, maquetación, deseño de cartelería, laboratorio fotoquímico tradicional... en Noia  no  IES Virxe do Mar tes o Ciclo Formativo de Grao Medio "Laboratorio de Imaxe". En tan só ún curso académico máis tres meses de prácticas poderás obter o título de Técnico Medio en Laboratorio de Imaxe. Tes de prazo ata o 2 de xullo para inscribirte.

Infórmate na web: 
http://www.edu.xunta.es/fp/admision-informacion-oferta-impresos

ou directamente no IES Virxe do Mar:
R/Rosalía de Castro nº1 - CP 15200
Tlf: 981 820119 - Fax: 981 820206
Email: ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es


Ningún comentario:

Publicar un comentario