luns, 22 de xullo de 2013

Curso de Información e Orientación no Ambito Formativo

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Información e Orientación no Ambito Forrmativo, dentro dos cursos de verán 2013, que se desenvolverá no Centro coordinador de información xuvenil.
Destinatarios/as: persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (RGIX) e mozos e mozas que posúan o carné xove e dispoñan dos medios adecuados para realizar o curso de forma semipresencial.
Criterios: Por orde de inscrición.
Criterios de selección: Por orde de inscrición, tendo preferencias os/as informadores xuvenís da Rede Galega de información xuvenil.
Número de horas: 30
Número de prazas: 30
Obxectivos: Formar as persoas que traballan no ámbito da información xuvenil, ou estén interesados/as neste campo sobre a formación nos distintos ámbitos (formal, non formal e informal) en materia de xuventude…
Contidos:
◗ A información xuvenil especializada no ámbito da educación.
◗ Educación formal, non formal e informal.
◗ A formación en xuventude nos distintos ámbitos formativos.

Modalidade: semipresencial.
Lugar e data da sesión presencial : A primeira sesión presencial é obrigatoria, e terá lugar no Centro coordinador de información e documentación xuvenil, en Santiago de Compostela, o día 5 de agosto as 12.00 h.
Formulario de Solicitude
Data de inscrición: ata o día 28 de xullo  no portal www.xuventude.net
Datas de realización: 5 de agosto ao 5 de setembro.
Mais Información: Teléfono:  881 997 604/7
correo electrónico:  oixuventude.traballo@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario