mércores, 3 de xullo de 2013

Experimentando cas algas mariñas

Queres saber máis sobres as algas galegas, cómo se poden empregar na cociña, coñecer recetas, ou que propiedades beneficiosas teñen na nosa sáude?
Dende o Centro Social de Boiro en colaboración co departamento de medioambiente  organizaremos unha xornada sobre as algas mariñas, as súas propiedades e usos.
O curso terá unha parte teórica, unha saída práctica á praia e unha degustación de platos cociñados cas algas nun restaurante.

Datas:
1ª Edición: 19(de 16h a 21.30h) e 20 de xullo(10.30 a 14h)
2ª Edición: 9 (de 16h a 21.30h)e 10 de agosto(10.30 a 14h

Prezo: 12 euros(inclúe a formación teórica, a sáida á praia e a degustación de recetas de cociña)

Inscricións: Centro Social de Boiro, no teléfono 981842635 ou no mail omix@boiro.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario