mércores, 18 de setembro de 2013

Curso de formación de mediadores/as xuvenís en promoción de hábitos e estilos de vida saudable

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar  organiza unha actividade de formación orientada a que mediadores/as xuvenís adquiran as capacidades e as habilidades necesarias para dinamizar a promoción de estilos de vida saudables no ámbito de xuventude. Esta formación ten por finalidade achegar recursos  para o desenvolvemento individual das persoas participantes e para  favorecer a súa implicación en estilos de vida saudables da comunidade.
Esta actividade consta de dúas partes:  curso de formación presencial en grupo e a formación práctica seguindo un itinerario individual no que cada mediador/a terá que deseñar e elaborar un traballo práctico sobre a promoción  de hábitos e estilos de vida saudables.

Obxectivos:
-Aportar aos mediadores/as formación nas capacidades e habilidades necesarias para a realización de actuacións de mediación xuvenil en hábitos e estilos de vida saudables.
-Facilitar aos mediadores/as coñecementos e estratexias axeitadas para a dinamización da promoción de estilos de vida saudables no ámbito de mocidade, a revisión de actitudes, valores e normas respecto dun estilo de vida saudable.
-Facilitar a posta en práctica dos coñecementos e das estratexias aprendidas no curso de formación mediante a realización dun traballo práctico centrado na realidade das entidades e asociacións xuvenís.
 Modalidade: semipresencial
Número de horas: 60 h (40 h en curso-presencial e 20 h de traballo a distancia para a parte práctica)
Destinatarios/as: mozos/as de 18 a 35 anos
Nº de prazas: máximo 25, mínimo 10
Datas e horarios de realización:
Formación presencial: 10,11,17,18, 24 e 25 de outubro de 2013
Horarios: 9.00h.a 14.00h, e 16.00h a 18.00h
Formación práctica: novembro-decembro de 2013
Prazo de inscrición: ata o 4 de outubro de 2013
Unha vez finalizado o prazo de inscrición os participantes que obtiveran praza recibirán un correo de confirmación; de non recibir dito correo, entendérase que non obtiveron praza.
PROGRAMA
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Mais información:  881995204 ou xuventude@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario