luns, 16 de setembro de 2013

Curso de Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación para o emprego

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado  convoca un curso de Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación para o emprego no Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, dentro do Plan de Formación para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil 2013.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 90 horas.
Nº de prazas: 30.
Información e inscricións neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario