mércores, 25 de setembro de 2013

Visita a unha cooperativa

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento  Cooperativo, organiza unha visita á cooperativa forestal Xesforesta. Esta visita, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas que se desenvolverán durante o mes de outubro.

A primeira destas visitas vaise celebrar o vindeiro sábado día 5 de outubro en horario de 10.00h a 13.30h. A cooperativa a visitar será a cooperativa forestal Xesforesta, formada por tres emprendedores da zona, e que desenvolve a súa actividade nos ámbitos naturais e paisaxísticos da nosa comunidade autónoma, promovendo unha xestión responsable dos recursos, respectando a multifuncionalidade do monte e contribuíndo de igual modo ao benestar da contorna de traballo.

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte porá un servizo de autobús gratuíto a disposición de todos os interesados na visita.
Nos documentos adxuntos achégase máis información sobre a visita: cartel para facer difusión, bases de participación, ficha de inscripción, etc.

Toda a información está dispoñible no blog de emprego da Mancomunidade no seguinte enlace: http://arousanortemprego.wordpress.com/visitas-guiadas-a-cooperativas/

Ningún comentario:

Publicar un comentario