luns, 2 de decembro de 2013

Bolsa Feuga medioambiente

BOLSA FEUGA: 6 MESES NO COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA DE SANTIAGO.
ACTIVIDADE: HORTO ESCOLAR.

A Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación convoca a primeira bolsa para que unha persoa recén titulada realice prácticas no colexio Compañía de Maria de Santiago, preparando a súa incorporación futura ao mundo laboral.

A persoa bolseira será titulada en Bioloxía ou Enxeñaría Agrónoma, menor de 31 anos e encargarase de crear e manter un horto no colexio para que o cultiven e coiden os alumnos.

A bolsa tramítase a través de FEUGA (Fundación Empresa Universidade de Galicia).

CV e documentación enviarase a:

FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Universitario Sur . 15705 SANTIAGO. Correo electrónico: feugaempleo@feuga.es

O prazo para que os candidatos presenten a beca remata o día 8 de decembro de 2013

Información da convocatoria: http://bit.ly/1dKUDP0

Información xeral sobre as bolsas Feuga http://bit.ly/1dKUkDB

Ningún comentario:

Publicar un comentario