martes, 10 de decembro de 2013

Curso de Mediación en Conflitos Xuvenís, en Santiago de Compostela

Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove e outras persoas interesadas no tema.
Criterios de selección: a selección virá dada pola orde de presentación de solicitudes, tendo prioridade na admisión o Persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 20 horas.
Nº de prazas: 30.
ObxectivoFacilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís.
Contidos:
  • O conflito como proceso e oportunidade para o cambio.
  • Educar para a convivencia e prevención de conflitos
  • Comprender e analizar as situacións de conflito
  • A mediación como extratexia na solución de conflitos.
Metodoloxía: O curso será impartido en modalidade semipresencial.
Avaliación: O alumnado terá que realizar unha serie de fichas de traballo con preguntas e actividades sobre cada un dos módulos de contido, que se complementarán cun traballlo final.
Datas de realización: O curso desenvolverase do 18 de decembro de 2013 ao 15 de xaneiro de 2014.
Xornadas presenciais: A sesión presencial terá lugar no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, en Santiago de Compostela o día 18 de decembro de 2013 en horario de 10 a 14 h.
Prazo e lugar de inscrición:
O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14 h do 12 de decembro de 2013.
A inscrición no curso realizarase mediante o seguinte formulario de solicitude:
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil
Praza do matadoiro, s/n.
15703-Santiago de Compostela.
Telefono: 881 997 604 / 881 997 607
Correo electrónico:   oixuventude.traballo@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario