martes, 3 de decembro de 2013

Formación sobre Alzheimer

AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), en colaboración coa Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) organizará o curso “Enfermidade de Alzheimer: Abordaxe multidisciplinar para coidadores” do 9 (luns) ao 13 (venres) de decembro de 19 a 21 horas no Edificio municipal de servizos administrativos, ubicado na rúa do Espíritu Santo, nº4, en Noia. Esta acción formativa é gratuita e foi recoñecida de interese sanitario.
Para a incrición ou unha maior información poden poñerse en contacto con AGADEA no 981595738- 647589725 ou a través do correo agadea@agadea.org ou co Concello de Noia no teléfono 981828104.

Ningún comentario:

Publicar un comentario