A Fundación Eduarda
Justo convoca bolsas para a realización de programas de postgrado
preferentemente máster de dirección de empresa (MBA ) nas mellores
escolas de negocios do mundo.
Os seus obxectivos é
formar mozos/as proporcionándolles os recursos económicos necesarios
para a realización de estudos preferentemente en dirección de empresas.
A bolsa supón
aproximadamente uns 4600 euros agrupados en diferentes conceptos. Inclúe
tamén a matrícula dos estudos que se aboarán na institución elixida.
A Fundación ofrece dúas rondas de presentación de
solicitudes: a primeira finaliza o 15 de marzo de cada ano, a segunda o
1 de maio.
A duración das bolsas é un ano académico con posibilidade de prórroga segundo máster ou estudos elixidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario