Por
outra parte, en horario de tarde de 17 a 20.30 horas desenvolverase
tamén os días 12 e 13 a acción “Os novos factores do éxito nun municipio
turístico”, que servirá para expoñer os coñecementos que debe manexar
calquera cargo público na súa responsabilidade de liderar as novas e
complexas variables da xestión dun municipio turístico: como crear
produtos turísticos atractivos, como atraer clientes a un destino
turístico, como coordinarse con outros municipios e ser máis atractivos
ou como coordinarse co sector privado.
Os
dous cursos teñen carácter totalmente gratuíto e celebraranse no Centro
Cultural Lustres Rivas. Os interesados en inscribirse poden facelo no
teléfono 686 587 000 ou ben enviando un email a sanroqueturismo@gmail.com.
Tamén desenvolverase
unha serie de cursos de cociña e elaboración de tapas, que estarán
complementadas cunha serie de módulos sobre coctelería, protocolo e
decoración.
Se
ben aínda se están a perfilar os últimos detalles da iniciativa, os
interesados xa poden preinscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas,
chamando ao número 981 835 650. Os cursos serán impartidos no
restaurante Jenaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario