mércores, 19 de febreiro de 2014

Lingua de namorar

Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá participar con dúas mensaxes no concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • PlayStation 4 500 XB
  • Mesa de mesturas de dj
  • MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
  • GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
  • MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
O prazo para enviar as mensaxes remata o vindeiro domingo 23 de febreiro. Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación.

Máis información sobre o concurso Lingua de namorar: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario