mércores, 19 de febreiro de 2014

título de bacharelato para maiores de vinte anos

A Consellería de Educación convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
A proba terá lugar o día 25 de abril de 2014 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2014 e en http://www.edu.xunta.es/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario