Onte estivemos no Encontro de Informadores Xuvenís en Santiago e entre outras cousas comentáronnos algunhas das axudas que podedes pedir e que seguro que vos interesan:
- Programa Galeuropa, practicas non remuneradas noutros paises europeos ou non. Subvencionan estadía, manutención, gastos de viaxe e transporte no país de destino. Prazo para pedilo ata 28 de marzo.
Info en galeuropa@xunta.es e 981544645
- Programa Eurogal( Leonardo Da Vinci) programa de prácticas durante 12 meses noutro país europeo.
Prazo para solicitalo de 1 ao 31 de xuño.
Info en mobilidadexuvenil@xunta.es e 981544645
- Programa Erasmus+(Xuventude en Acción), onde podes participar en intercambios de 5 a 21 días ou voluntariados europeos.
Info en http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/index_es.htm
Se tedes curiosidade por algún tamen podedes pasar pola OMIX e nos encantados de facilitarvos información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario