Do 21 de marzo ao 14 de setembro
Museo Centro Gaiás
domingos de balde
A Cidade da Cultura inaugura o vindeiro 21 de marzo a exposición Auga Doce, coa
que lles convidamos a redescubrir a beleza universal dun elemento
definidor da alma galega a través da ollada de grandes artistas. Da man de xenios da talla de Constable, Hockney, Richter, Bourgeois, Merz ou Madoz e
grandes creadores galegos, a mostra propón unha intensa experiencia
estética a través dunha selección multidisciplinar que reúne pintura,
escultura, foto, vídeo, instalación, enxeños científicos ou pezas
etnográficas. O MoMA, o Victoria & Albert, o Musée D’Orsay, o Rijksmuseum, o Reina Sofía ou o Thyssen-Bornemisza, xunto a máis dun cento de institucións culturais, colaboran neste gran convite da Cidade da Cultura para descubrir cando a auga é arte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario