martes, 4 de marzo de 2014

Novo curso en liña: Curso de voluntariado para apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero 2014



O prazo de inscrición estará aberto do 4 de marzo ao 28 de marzo ás 14.30 horas

Logo do cursoDestinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:
Módulo I. Marco básico conceptual - Proceso de socialización de xénero como base da desigualdade entre mulleres e homes
- Relación coas situación de violencia de xénero
- Estatísticas de referencia
Módulo II. Conceptualización e tipificación da violencia de xénero (diferenzas conceptuais básicas entre a normativa estatal e a normativa autonómica en materia específica de violencia de xénero)
- Desmitificando a violencia de xénero
- Características en canto á súa manifestación
- Consecuencias nas mulleres vítimas e os efectos da exposición a situación de violencia de xénero nos seus fillos e fillas
Módulo III. Combatendo a violencia de xénero: recursos dispoñibles e o papel do voluntariado
- Pautas para o apoio e acompañamento ás vítimas

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 1 ao 30 de abril

http://www.voluntariadogalego.org/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=100

Ningún comentario:

Publicar un comentario