xoves, 13 de marzo de 2014

OBRADOIRO DE IDEAS “Cara o emprendemento desde a participación”.

O levaremos a cabo o vindeiro luns día 17 de marzo ás 10 horas no IES Leliadoura. Entrada libre. Estades todos invitados.

Este obradoiro pretende ser unha ferramenta de traballo sobre proxectos de participación xuvenil enfocados a mozos e mozas e entidades de carácter xuvenil para aprenderlles a presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove. (Este programa financia proxectos xuvenís de ata 4.000 €, e os financia ao 100 %)

O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.

O plantexamento metodolóxico é eminentemente práctico, buscando o traballo en equipo e o intercambio de ideas entre os asistentes introducindo unha breve exposición teórica ao inicio da sesión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario