Datas de realización do intercambio: do 20 ao 27 de agosto de 2014
Prazas: 15 ( acompañados/as dun monitor)
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran en anteriores edicións de A Xuventude no Mundo.
Prazo de inscrición: do 14 ao 27 de abril de 2014.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Cobertura do intercambio
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple
- Trasporte no ámbito do intercambio
- Actividades organizadas pola entidade de acollida
- 3 días de estancia con familias xaponesas
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade
Estancias con familias xaponesas.- Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, cando se realice o intercambio de acollida en Galicia durante o 2015.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Wakayama (Xapón):- Aeroporto de Kansai
Máis información:
981 544645 /981 544869
Ningún comentario:
Publicar un comentario