mércores, 21 de maio de 2014

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

As axudas serán concedidas a:
Traballadores que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013, se atopasen en situación de redución da xornada de traballo para o coidado dun/unha fillo/a menor de tres anos.
Familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de xuño de 2014.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI440A
Máis información no DOG do 20 de maio de 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario