venres, 1 de agosto de 2014

Certame de fotografía

A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2014.
O Certame de Fotografía sobre Cultura Popular pretende destacar os mellores traballos fotográficos que poñan de relevo as diferentes formas de vida e pensamento dos pobos e individuos que compoñen as diversas culturas do Estado español.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema.
O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior).

Premios:
Primeiro premio: 1.870 €.
Segundo premio: 1.240 €.
Terceiro premio: 630 €.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2014.
Máis información no BOE do 24 de agosto de 2014 e en http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/museos/premios/certamen-fotografia-cultura-popular/presentacion.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario