mércores, 22 de outubro de 2014

Certame para aplicacións para móbiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec, convoca o "Primeiro Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicacións para Móbil”. O certame, que se enmarca dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica Faite Dixit@l, busca recoñecer a creatividade na elaboración de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto.
O concurso está aberto á participación de persoas físicas maiores de 18 anos, e a persoas autónomas, galegos ou con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, que deseñen e desenvolvan unha aplicación para uso en smartphone -en linguaxe compatible –creada a partir de software libre- nos ámbitos educativo, social ou cultural, de lecer, deporte ou turismo. Ata o próximo 28 de novembro está aberto o prazo de presentación das aplicacións, que se poderá realizar seguindo as instrucións publicadas na páxina web www.faitedixital.es.
As bases do concurso poden consultarse na dirección web www.faitedixital.es. Tamén pode seguirse a información sobre o concurso a través das canles sociais do proxecto 'Faite Dixit@l!' (www.facebook.com/faitedixital e www.twitter.com/faitedixital)

Ningún comentario:

Publicar un comentario