mércores, 5 de novembro de 2014

Axudas de Mobilidade para o sector creativo galego

Destinadas a artistas, xestor@s culturais, deseñador@s, produtor@s, investigador@s, crític@s, etc, o MAC, Museo de Arte Contemporáneo, convoca 15 axudas de Mobilidade para o sector creativo galego.

Enlace:
Convocatoria
Dotación:

  • Destinadas a cubrir parcial ou totalmente os gastos de viaxe e aloxamento fóra de España de profesionais dos sectores artístico, creativo e cultural interesados en internacionalizar os seus proxectos, expandir a súa rede de contactos internacionais ou coñecer de primeira man prácticas profesionais innovadoras non habituais en Galicia.
  • Cada axuda estará dotada de 500 € netos para cubrir, total ou parcialmente, gastos de desprazamento e aloxamento.
  • Para solicitar estas axudas é imprescindible que a persoa solicitante conte cun socio ou organización de acollida no país de destino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario