luns, 24 de novembro de 2014

‘Cooperativismo e Xuventude’

O programa inclúe intervencións de diversos especialistas sobre os recursos e apoios para emprender, as vantaxes competitivas do traballo cooperativo, o emprendemento cooperativo no rural e a posta en marcha dun proxecto desta características. Tamén mostra un panel de experiencias, neste caso coas cooperativas ‘Cestola na Cachola’ (Lalín, Pontevedra) e ‘Entre Pedras’ (Santiago de Compostela).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electrónico ao enderezo eventos@eusumo.coop. O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario