venres, 7 de novembro de 2014

Encontro entre empresas e concellos

A Deputación de A Coruña, na súa liña de cooperación activa cos concellos da provincia e, co o obxetivo tamén de favorecer a actividade económica das nosas empresas, presenta a 1ª Edición do Encontro entre Empresas e Concellos.
Terá lugar nas instalacións de EXPOCoruña durante os días 26, 27 e 28 de novembro de 2014.
O obxetivo principal do evento é proporcionar un espazo común a profesionais e administración para intercambiar experiencias na procura de solucións prácticas e innovadoras na xestión municipal.
As actividades principais serán:
-Networking
-Presentacións públicas de productos e servizos.
-Mesas redondas de Turismo e Compra Pública Innovadora con expertos.
Asimesmo, os participantes terán a súa disposición salas equipadas onde poder facer encontros persoais.
É unha OPORTUNIDADE inmellorable para poder facer contactos, ver tendencias de mercado, observar demandas insatisfeitas, ou propoñer solucións INNOVADORAS ós problemas diarios na xestión da administración, onde poderás ter a túa disposición ós 93 concellos da provincia, ademáis de outras entidades, tales como Consorcios ou Mancomunidades. É unha OPORTUNIDADE porque terás ocasión de compartir experiencias e establecer sinerxías con outros profesionais e empresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario