mércores, 14 de xaneiro de 2015

Programa de xuventude para emprendedores

Xuventude Promete é un programa da dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.
Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.
Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.
O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario