venres, 23 de xaneiro de 2015

Programa para xente nova con proxectos de negocios

O programa YUZZ vai dirixido a xente nova de entre 18 e 31 anos que, de seren seleccionados, desenvolverán o seu proxecto durante 5 meses co apoio, formación e asesoramento de expertos profesionais pertecentes a empresas de prestixio.

Finalizado o proceso de formación e asesoramento, os mellores proxectos realizarán unha viaxe a Silicon Valley. Alén disto, os tres mellores proxecto do Estado recibirán unha dotación  para poñer a andar o negocio: 30.000 € para o primeiro, 20.000€ para o segundo e 10.000 para o terceiro.

A convocatoria para participar no programa está aberta ata o 19 de febreiro a candidatura deberase facer a través da plataforma www.yuzz.org

Máis información en:
SAPE-EmpregoUDC
Pavillón de Estudantes, 1º Andar
Campus de Elviña
15701 A Coruña
emprego.vedc@udc.es
https://twitter.com/Empregoudc
981167000 Ext: 2916, 2903, 2901

Ningún comentario:

Publicar un comentario