luns, 27 de abril de 2015

Axudas Injuve para a Creación

O Instituto da Xuventude, Injuve, convoca axudas económicas para favorecer o traballo de mozos creadores, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver durante o ano 2016 no ámbito das artes visuais, escénicas, musicais, literarias, así como nos do deseño e o cómic e ilustración, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional a través das seguintes liñas de actuación:

a) Produción de obra. Admitiranse proxectos a realizar con liberdade de formato e técnica nos ámbitos creativos anteriormente sinalados.
b) Mobilidade de obra producida e/ou creadores. Admitiranse,proxectos de participación, xiras, ou residencia, que non teñan por obxecto cursar estudos regulados ou a obtención de titulación académica, en espazos especializados e acordes coa actividade para a que se solicita a axuda, situados fóra da Comunidade Autónoma de residencia, en ámbito nacional ou internacional, sendo imprescindible achegar carta de convite á participación ou aceptación, segundo o caso, asinada pola persoa responsable do evento ou espazo para o que se solicita a axuda.
c) Emprendemiento en espazos emerxentes de creación nova. Admitiranse proxectos de actividades puntuais e acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, con proxección suprautonómica, nacional ou internacional, a desenvolver en espazos xa existentes e que iniciasen a súa actividade. Non se admitirán proxectos de inicio de actividade económica ou empresarial.
d) Sala «Amadís» do Instituto da Xuventude. Admitiranse proxectos de comisariado de exposicións, talleres de traballo, ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en agrupación ou colectivo na sala

Requisitos:
Mozas e mozos de nacionalidade española e todas aquelas con residencia legal en España, que non superen os 30 anos de idade, nos supostos a) e b) ou os 35 nos supostos c) e d) o día 31 de decembro do ano 2015.

Contía:
A contía individualizada das axudas non poderá superar o importe de 6.000 € nos supostos a) e b) e de 10.000 € nos supostos c) e d), e deberá representar como mínimo o 75% do custo total do proxecto.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de maio de 2015
Máis información no BOE do 27 de abril de 2015 e en www.injuve.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario