venres, 10 de abril de 2015

Programa Galeuropa

Se estás interesado en realizar prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, tes unha xornada en Abril en santiago onde che explicarán todos os trámites que debes realizar.

Data: 20 de abril de 2015
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). R/Madrid, 2-4. Fontiñas (Santiago)
Destinatarios:
  • Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 25 anos
  • Membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude
  • Técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Representantes de empresas interesadas na internacionalización
  • Interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade
Programa
  • 10:30-10:45 h Inauguración da xornada por D. Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de           Xuventude  e Voluntariado da Xunta de Galicia.
  • 10:45 - 11:45 h. A convocatoria coordinada de mobilidade trasnacional xuvenil. Orixe, finalidade, características, socios. Representantes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña
  • 11:45 -  12:30 h. O programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) en Galicia. Obxeto, características, destinatarios. Yolanda Otero Balsa, subdirectora xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
  • 12:30 – 12: 45h. Pausa café
  • 12:45 - 13:30 h. Panel de experiencias en proxectos de mobilidade trasnacional por parte de D. Guillermo Vergara, Vicepresidente da Fundación Paideia Galiza
  • 13:30 -  13:45 h. Quenda de preguntas
  • 13:45 h. Fin da xornada
Inscricións.- Do 9 ao 17 de abril ás 12:00 h mediante envío de formulario electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario