xoves, 21 de maio de 2015

Formación de coaching de empresa gratuíta: Factoría de éxito!

A Factoría do Éxito, que ten como obxectivo formar ás persoas con responsabilidades na súa organización en materia de xestión do talento persoa, combina formación en habilidades e actitudes de éxito, cun coaching executivo a nivel individual. Na xornada traballaranse habilidades e ferramentas necesarias para contribuír ao logro das metas establecidas polos propios participantes tanto nas súas vidas persoais coma profesionais.

O obxectivo concreto desta Factoría do éxito é que as persoas asistentes sexan capaces de xestionar os seus desafíos cun novo nivel de motivación e confianza; coñecerse mellor mellorando a capacidade de autoxestión e de relación coas demáis persoas e coñecer as claves dunha comunicación exitosa que permita conseguir obxectivos que impliquen interactuar cos demais.
 
Máis información desta actividade e inscrición no seguinte enlace:
http://economia.cersiaempresa.org/convoca…/convocatoria.php…

Ningún comentario:

Publicar un comentario