martes, 19 de maio de 2015

NEXOS CON...Claudia Piñeiro

A Cidade da Cultura convida a compartir unha tarde de literatura coa autora arxentina Claudia Piñeiro, coñecida polas súas novelas policiais e autora de libros tan exitosos como Las viudas de los jueves ou Tuya.

Será o vernes 22 de maio nunha sesión especial do ciclo de literatura da Cidade da Cultura Nexos, que desta volta trasladarase á Sala Eisenman para celebrar un encontro máis íntimo coa escritora, guionista e dramaturga arxentina.
Nexos convida… arrancará ás 17:30 horas cun café no que os participantes poderán compartir as súas impresións e anécdotas sobre a literatura de Claudia Piñeiro. A segunda parte desta xornada consistirá nun diálogo-entrevista entre a autora arxentina e o escritor e xornalista lucense Luis Pousa, no que ambos os dous disertarán sobre libros pero tamén sobre a relación estreita co cine ou o teatro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario