xoves, 13 de agosto de 2015

9 Prazas de persoal laboral no INGACAL para menores de 30 anos.


PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO XOVEN E IMPLANTACIÓN DA GARANTÍA XUVENIL EN I+D+i

Para poder ser beneficiario/a das mesmas as persoas candidatas deberán estar inscritas previamente no Sistema de Garantía Xuvenil (SNGJ)
As persoas interesadas deben inscribirse o antes posible no rexistro do sistema de garantía xuvenil, para o cal deben acudir á oficina de emprego (Santiago Centro ou Santiago Norte) e solicitar á persoa técnica responsable de garantía xuvenil dita inscrición. Tamen en Boiro hai unha persoa encargada destas labores no INEM.

Prazas:
- Oferta de traballo para unha persoa Licenciada. Tema: “Evaluación agronómica e nutricional de pastos e forraxes para a producción de leite”.
- Ofertas de traballo para duas persoas; unha licenciada, e unha Técnica Superior de Formación Profesional. Tema: “Conservación, caracterización e potenciación das variedades autóctonas de vide”.
- Ofertas de traballo para duas persoas; unha licenciada, e unha Técnica Superior de Formación Profesional. Tema: “Potencial de recursos microbianos propios para mellorar a calidade da uva e do viño”.
- Oferta de traballo para un/ha Técnico/a Superior de Formación Profesional. Tema: “Aplicación da técnica de espectroscopía no infravermello próximo (NIRS) na monitorización do proceso químicos”.
- Ofertas de traballo para un/ha Técnico/a Superior de Formación Profesional. Tema: “Análise do valor nutricional de alimentos para o gando e aplicación da técnica NIRS ”.
- Oferta de traballo para unha persoa Licenciada. Tema: “Mitigación dos impactos da fertilización no medio ambiente”.
- Oferta de traballo para unha persoa Licenciada. Tema: “Innovación tecnolóxica basada no uso avanzado da espectrometría de masas/masas”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario