mércores, 14 de setembro de 2016

Información sobre as axudas ao transporte do Concello de Boiro


O Concello de Boiro ofrece axudas ao transporte(non bonos) para estudios universitarios, técnicos(fp medios ou superiores) ou para o alumnado con necesidades educativas especiais sempre é cando os estudios non podan ser cursados no propio Concello. O procedemento para a súa solicitude é a seguinte:
A mediados do mes de decembro(prazo orientativo) se publican as bases e se poden solicitar as axudas ao transporte, unha vez concedidas se envía unha carta ao domicilio das persoas beneficiadas indicándolle a cuantía aprobada e o prazo no que deben xustificar o importe concedido.(habitualmente o prazo de xustificación remata en maio e o importe é ingresado na conta da persoa beneficiaria no mes de xullo). Ollo! Despois de recibir a carta é imprescindible entregar a factura no rexistro do Concello para poder disfrutar da axuda concedida.
Para xustificar as axudas é necesario gardar os tickets das viaxes(tren ou autobús) e canxealos nas empresas correspondentes(Arriva, Renfe…) por unha factura oficial que se deberá entregar posteriormente no rexistro do Concello de Boiro. Non se permitirán facturas ocasionadas por traslados en vehículos particulares)
As persoas que aparezan na lista de reserva deberán agardar que lle notifiquen mediante carta a domicilio, que a axuda finalmente lle foi concedida(habitualmente no mes de setembro) pero poderán igualmente entregar as facturas no rexistro do Concello antes de que remate o prazo de xustificación.
Os documentos de solicitude e de xustificación se recollerán na oficina de información xuvenil do Centro Social de Boiro.

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA AS SOLICITUDES(por confirmar no curso 2016/2017)
a) Certificado ou resgardo da matrícula.

b) (Anexo I) onde se marque a opción de Autorización ao concello de Boiro á comprobación dos datos referidos aos ingresos da unidade familiar mediante consulta á Facenda Estatal

c) Volante de empadroamento da unidade familiar no Concello de Boiro. Debe constar unha antigüidade mínima do solicitante de 2 anos.

d) Certificación dos datos bancarios do/a solicitante.

e) Certificación, no seu caso,de minusvalías.

f) Outra documentación que se estime oportuna non recollida nos apartados anteriores.


DESTINOS PARA OS QUE SE CONCEDEN AS AXUDAS E CUANTÍAS MÁXIMAS





AXUDA POR NIVEL DE RENDA MENSUAL*

DESTINO DESPRAZAMENTO
Modalidade
≤  200 ata 300 €/mes
entre 301-500 €/mes
Entre 501 e 1000 €/mes
Entre 1001 €/mes e o 3,5 veces o IPREM mensual
Boiro-Vigo
Fin de semana
150,00
100,00
90,00
60,00
Boiro-Pontevedra
Fin de semana
100,00
75,00
65,00
50,00
Boiro-Santiago
Fin de semana
100,00
75,00
60,00
45,00
Boiro-Santiago
Diario
450,00
350,00
290,00
200,00
Boiro- A Coruña
Fin de semana
190,00
140,00
115,00
100,00
Boiro- Lugo
Fin de semana
270,00
220,00
190,00
110,00
Boiro-Barbanza-Noia
Diario
160,00
110,00
90,00
70,00




OUTROS DESCONTOS AOS QUE SE PODE ACCEDER (Complementarios cas axudas de transporte do Concello de Boiro)

-       Axudas da empresa Arriva(destino Santiago)

Bonos desconto nas viaxes(*Confirmar condicións ca empresa)

10 viaxes
15% desconto
Caducidade 2 meses
20 viaxes
25% desconto
Caducidade 2 meses
30 viaxes
35% desconto
Caducidade 2 meses
60 viaxes
50% desconto
Caducidade 1 mes

-       Axudas co carné xoven
Desconto do 20% en todos os trens, días e percorridos para xente nova de entre 12 e 26 anos (sen cumprir), titulares do "carné xove".

O carné xoven se emite en Boiro na OMIX(Centro Social de Boiro-1º andar) cun custe de 6€(caducidade 2 anos) e se entrega no mesmo día.


NOTA IMPORTANTE:
A Tarxeta Xente Nova(tarxeta de transporte metropolitano para mozos de entre 4 e 18 anos de Galicia) só se pode empregar para viaxes interurbanas non urbanas.
Se solicita nesta páxina: http://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
E para máis información en http://tmg.xunta.gal/xente-nova-que-e
Correo electrónico: tmg@xunta.gal


MÁIS INFORMACIÓN
No Centro Social de Boiro(1º andar-Omix)/tlf 981842635/omix@boiro.org e no departamento de intervención do Concello de Boiro


Ningún comentario:

Publicar un comentario