A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, Líderes de futuro - Programa de Liderado e Innovación Social. Os obxectivosdeste programa son:
- Desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, facilitando as ferramentasconceptuais e practicas necesarias para enfrontarse con éxito a proxectos innovadores nos ámbitos profesional, académico e social.
- Construir unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impacto social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.
Destinatarios/as:mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos no momento de realizar a inscripción no programa.
Número de prazas: 50.
Prazo de inscripción:do 10 ao 31 de marzo.
Lugar de celebración: Albergue Xuvenil de Gandarío. Cornida, 20 (15167) Bergondo (A Coruña)
Datas de celebración:6, 7 e 8 de abril, 4, 5 e 6 de maio, 8, 9 e 10 xuño e 7, 8 e 9 de septembro.
Contidos do programa.
Módulo 1: Participación e empoderamentoxuvenil.
Módulo 2: Emprendemeto e novos modelos de negocio.
Módulo 3: Innovación e emprendemento social.
Módulo 4: Liderado: carácteristicas e competencias.
Horario: do venresás 18:00 horas ao domingo ás 17:00 horas.
Criterios de selección: as prazascubriranse por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a suatotalidade. Os/as seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da
suapraza. Unha vez finalizado o prazo de inscripción, de non recibir comunicación antes do día 2 de abrilás 15:00 horas entenderase que non obtivopraza.
Cobertura:A actividadeinclúe manutención e aloxamento en habitación de uso múltiple. O/a participante deberá achegar os tútiles de aseo persoal e unha toalla.
O transporte ata o lugar de realización da actividade correrá a cargo do/a interesado/a.
Ningún comentario:
Publicar un comentario