luns, 28 de xaneiro de 2019

Intercambios xuvenis

Se tes menos de 30 anos esta pode ser unha boa opotunidade. Intercambios xuvenis da Xunta de Galicia.

INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN)
Título:  “O Camiño Kumano Kodo: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio:  do 19 ao 26 de agosto de 2019.
Observacións:
** O 19 de agosto, entre as 17.00 h e as 18.00 horas (hora xaponesa) todos os mozos e mozas participantes deberán estar  no punto de encontro sinalado no aeroporto de Kansai - Wakayama.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 26 de agosto.
Prazas:  15 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Trasporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
- 4 días de estancia con familias xaponesas.
Será a cargo do/a participante:
- Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Xapón.
- Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Estancia con familias:  os mozos/as participantes neste intercambio de ida a Xapón adquiren o compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a 1 ou 2 mozos/as xaponeses/as dende as 18:00 h do día 8 de marzo  ata as 11:00 h do 11 de marzo de 2019.
Coa antelación suficiente, comunicarase o punto de encontro na cidade de Santiago de Compostela para a recollida e entrega do/s mozo/as xaponesas os días 8 e 11 de marzo de 2019.
Actividades provisionais previstas:  percorrido un tramo do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses,  e aloxamento durante 4 días con familias xaponesas.
Reunión previa á saída:  Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:  Aeroporto de Kansai.

INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
Título:  “Patrimonio histórico - artístico de Venecia: Patrimonio da Humanidade”.
Datas de realización do intercambio:  do 2 ao 9 de setembro  de 2019.
** É obrigatorio participar no intercambio a totalidade dos días.
Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Cobertura do intercambio:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito do intercambio.
- Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio en Italia. 
* Nos días anteriores ao inicio do intercambio se comunicará ás persoas participantes o lugar de aloxamento en Venecia.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas:  entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
- Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
- Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.
MÁIS INFORMACIÓN
981545702
galeuropa@xunta.gal
Inscrición e condicións neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario