OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
- Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
- Complementar a competencia profesional e persoal.
- Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
- Fomentar a autonomía persoal.
ONDE PODO REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS:
- Portugal (Lisboa).
- Malta (La Valletta).
- Irlanda (Cork).
DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:
Xornadas de 100h mínimo e 120h máximo ó mes,
durante 3 meses dende finais de Agosto ata finais de Novembro
(tódalas mobilidades teñen que estar rematadas antes do 30 de Novembro).
QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:
- Aloxamento.
- Manutención ata 320 euros ó mes.
- Clases gratuitas do idioma local.
- Transporte local no país de destino.
- Transfer dende e ata o aeroporto (recollida e despedida).
- Transporte ó país de destino parcialmente cuberto.
- Asesoramento, apoio e seguimento antes, durante e despois do programa.
QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:
- Mozxs entre 18 e 30 anos.
- A mocidade Galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación.
- Inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.
- Que NON participara no programa Galeuropa en anos anteriores.
Despois desta info, se estás interesada/o ou coñeces a alguen que poida estalo,
Se estás interesado/a:
* O primeiro paso é cubrir este formulario online,
e enviarnos un mail a galeuropa@sustinea.org para máis información ou chamar ao 988 782 964
Ningún comentario:
Publicar un comentario