xoves, 1 de agosto de 2019

Programa Galeuropa

Podes acceder a 14 bolsas a través dunha estadía de 3 meses (set-nov) con 100 horas mensuais de prácticas en empresa nos seguintes países:

Azores  (6 bolsas)
Reino Unido (4 bolsas)
Italia    (4 bolsas)

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias socio-profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación.

A mobilidade transnacional contribúe na mellora da súa experiencia profesional e na  adquisición de competencias na lingua de traballo do pais de destino.

Maís información en:
galeuropa@extramundi.org
604335102

Ningún comentario:

Publicar un comentario