mércores, 29 de xaneiro de 2020

Uned Senior para maiores de 55 anos en Boiro

Celebraranse entre febreiro e maio. 
O primeiro será de restauración de enseres e mobles e comezará o día 15 de febreiro. Vaise celebrar en sábados alternos, de 10.00 a 14.00 horas, no viveiro de empresas. 
O seguinte será de produción de hortalizas todo o ano, que se vai realizar no mesmo complexo a partir do 18 de febreiro, os martes alternos, de 16.30 a 20.30. E o terceiro será de lanoterapia, que será todos os venres, de 10.00 a 12.00, no centro social da rúa Principal boirense, a partir do 21. 
Cada unha destas accións formativas, que se son dunhas trinta horas segundo o programa previsto, teñen un custe de inscrición de cincuenta euros por persoa. 
As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ó número de teléfono 981 844 800 ou enviar un email ó enderezo orientacion.laboral@boiro.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario