xoves, 25 de marzo de 2021

Novo Buzón de Suxerencias



A partir de agora podedes atopar na esquina superior esquerda un novo buzón de suxerencias para a xuventude, no que podedes cubrir un pequeno cuestionario sobre opinións e demandas respecto aos servizos culturais do noso pobo. 
Invitámosvos a que participedes e deixedes constancia das vosas ideas e suxerencias!

venres, 22 de xaneiro de 2021

Novas

A partir de agora podedes seguir todas as novas dende a nosa rede social . Ou acudindo ao Centro Social

martes, 12 de xaneiro de 2021

Axudas alumnado universitario

Convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos ℹhttps://bit.ly/39s4B7Z

Tarxeta xente nova para mozos de 4 a 20 anos

https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Concurso de creación

mércores, 4 de novembro de 2020

Ábrese o prazo de inscrición para formar parte do programa Correspondentes Universitarios

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e de Santiago de Compostela, abre o prazo para inscribirse no programaCorrespondentes Universitarios, que fomenta a difusión de diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece ás mozas e mozos. As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa poderán inscribirse desde hoxe mesmo mediante un formulario electrónico. Os requisitos serán manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2020/2021e ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude. As funcións destes correspondentes serán: colaborar cos centros na difusión de información relacionada coa situación sociosanitaria derivada da covid-19, xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación e asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades. Beneficios das voluntarias e voluntarios As voluntarias e voluntarios que decidan converterse en correspondentes accederán a unha serie de beneficios: desde recibir información xuvenil de interese, a unha formación gratuíta en materia de xuventude e tamén recibirán gratuitamente o Carné Xove, o Carné Internacional de Estudantes (ISIC) e o Carné de Alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos. Así mesmo, recoñeceráselle o tempo dedicado como persoas voluntarias, as universidades expediranlles unha certificación a aqueles que acrediten a súa participación para os efectos da solicitude de créditos e poderán participar gratuitamente, durante unha fin de semana, nun encontro autonómico de correspondentes (incluíndo o aloxamento, a mantenza e a programación de actividades), sempre e cando a situación sanitaria derivada da crise Covid-19 o permita.

Oferta formativa

xoves, 22 de outubro de 2020

CURSO MONITOR TEMPO LIBRE

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira organiza un curso de Monitor de Tempo Libre que están a organizar, en colaboración coa Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas. Está dirixido a xente moza (18 anos cumpridos) en posesión do título da ESO/Equivalente. Para máis información/ preinscripción: Local “Amas de Casa de Riveira” Teléfono: 981874577 Whatsapp: 619066684 E-mail: amasdecasaderiveira@gmail.com

XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

A dotación económica do premio é de 2500 euros. O Concello de Dodro comprométese, ademais, a publicar a obra gañadora dentro do ano 2021, nunha editorial de recoñecido prestixio. As bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, núm. 111, do luns 20 de xullo de 2020, e están dispoñibles para consulta na páxina web municipal: www.dodro.gal. O prazo de presentación das obras candidatas remata o vindeiro 23 de outubro. Posteriormente darase a coñecer públicamente tanto a titularidade da coordinación como as persoas que compoñen o xurado nesta edición. A elección do poemario gañador terá lugar o 21 de novembro e o acto de entrega celebrarase o día 12 de decembro.

venres, 16 de outubro de 2020

PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO SEGUNDO SEMESTRE 2020

No seguinte enlace podedes consultar a formación gratuíta da dirección xeral de xuventude https://voluntariadogalego.org/novas/plan-de-formacion-da-direccion-xeral-de-xuventude-participacion-e-voluntariado-segundo

Ampliación do prazo para a obtención do permiso de condución para as persoas que solicitaron as axudas

Se xa solicitáchedes a axuda para a obtención do carne de conducir é importante que saibades que se amplia o prazo para que teñades que obtelo. Máis ibfo en xuventude.xunta.es

luns, 5 de outubro de 2020

Formación gratuíta en linguaxe de signos

 

Aberta a inscricición ao curso "Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1", en modalidade en liña e presencial.
Curso en liña: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1
A inscrición estará aberta ata cubrir as 30 prazas.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 30

Nº de prazas: 30

Contidos:
MÓDULO 1:
 Rexistrámonos
• Saudar e responder saúdos
• Presentarse aos demais
• Preguntar como se atopa alguén
• Rematar unha conversa e despedirse
• Usar o signo persoal
• Pedir unha aclaración cando non entende algo.
• Deletrear o alfabeto dactilolóxico
• Usar os pronomes persoais
• Signar os números do un ao trinta.
MÓDULO 2: Presentámonos a un casting signado
• Signar sobre a familia
• Describir a casa
• Signar o que está a facer
• Signar as cores
• Chamar a atención dunha persoa xorda
• Solicitar unha aclaración cando non entende algo.
• Preguntar
MÓDULO 3: Convivir é compartir
• Signar sobre o traballo
• Signar sobre os estudos
• Signar o que está a facer
• Agradecer e felicitar
• Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas
• Usar a negación
Modalidade: en liña (Plataforma de FAXPG)

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización: do 4 de novembro ao 9 de decembro

Formulario de inscrición

Curso presencial: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1
A inscrición estará aberta ata cubrir as 15 prazas.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 30

Nº de prazas: 15

Contidos:
MÓDULO 1:
 Rexistrámonos
• Saudar e responder saúdos
• Presentarse aos demais
• Preguntar como se atopa alguén
• Rematar unha conversa e despedirse
• Usar o signo persoal
• Pedir unha aclaración cando non entende algo.
• Deletrear o alfabeto dactilolóxico
• Usar os pronomes persoais
• Signar os números do un o trinta.
MÓDULO 2: Presentámonos a un casting signado
• Signar sobre a familia
• Describir a casa
• Signar o que está a facer
• Signar as cores
• Chamar a atención dunha persoa xorda
• Solicitar unha aclaración cando non entende algo.
• Preguntar
MÓDULO 3: Convivir é compartir
• Signar sobre o traballo
• Signar sobre os estudos
• Signar o que está a facer
• Agradecer e felicitar
• Coñecer o concepto e a diversidade das persoas xordas
• Usar a negación

Modalidade: presencial

Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil - R/ Ramón Piñeiro 17-19 - 15781 Santiago

Data de inscrición: Ata cubrir as prazas

Data prevista de realización: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de novembro e 2 e 3 de decembro de 17:00 a 20:00 horas

Formulario de inscrición

venres, 18 de setembro de 2020

CURSO GRATUÍTO AFD SERVIZOS DE BAR E CAFETERÍA

 REQUISITOS DE ACCESO: 

Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego

NIVEL ACADÉMICO: Graduado en Educación Secundaria (ESO); Ciclo medio de FP; Competencias clave N2; Proba de acceso a ciclos. 

INFORMACIÓN: Servizo de Orientación Laboral do concello de Boiro Casa do Concello, 1º andar Telf: 981842609 Mail: orientación.laboral@boiro.org 

martes, 18 de agosto de 2020

Concertos e propostas culturais esta finde semana

 Para aquelas persoas que conseguirades a vosa entrada para no proxecto  Paisaxes Sonoras escoitar Triangulo de Amor Bizarro a vosa cita comeza ás 20h senón a partir das 21.30h organízase un serán con moitisima calidade en Cespón organizado polo grupo tradicional Abeloura