Abrése o prazo de solicitude de participación no proceso selectivo a segunda convocatoria,para as bolsas Leonardo da Vinci dentro do proxecto MoGal.
As becas están destinadas a mozos e mozas galegos/as entre 18 e 30 anos con titulación FP e/ou Universitaria.
Nesta convocatoria ofértanse:
- 4 bolsas para Holanda,11 para Irlanda,15 para Francia,10 para Italia e 8 para República Checa (Praga).
- O período de estancia é de 12 semanas desde finais de abril ata mediados de xullo.
- As prácticas non son remuneradas e cubren gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística,seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.
O prazo de envío de solicitudes empeza o martes día 11 de xaneiro ás 00:00 h e remata o 22 de xaneiro ás 24:00 h
Deben enviarse os documentos anexados debidamente cumprimentados: o CV, modelo europeo cuberto no idioma do país de destino que se solicita en primeiro lugar e a solicitude debidamente cumprimentada. Non se admiten escritos manualmente.
Para máis información www.xuventude.net no apartado programas europeos ou no tfno 881 999 567
luns, 10 de xaneiro de 2011
mércores, 5 de xaneiro de 2011
Bolseiros/as para axencia de medios online
| |
| |
| ELOXIA MEDIA, importante axencia de medios (internet, telefonía móbil e TV dixital interactiva) especializada en comunicación en soportes interactivos selecciona un bolseiro para as súas oficinas centrais de Vigo Requisitos: - Titulación en Publicidade e RRPP, Periodismo, ADÍA especialidade de Mercadotecnia - Non ter traballado con contrato laboral que recoñeza a titulación obtida - Ter finalizado a súa formación universitaria nos últimos tres anos - Dominio Paquete Office - Usuario/a habitual e activo de Internet Os interesados poden inscribirse na oferta en rede traballa: https://www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/empleoTrabaja |
Bolsas de investigación no Centro de Investigación Forestal de Lourizán
A Consellería do Medio Rural convoca axudas de apoio á formación en tarefas investigadoras para dous titulados superiores, no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
As axudas desenvolveranse dentro dos seguintes campos de investigación:
a) Mellora xenética foresta: titulación de Enxeñaría de montes.
b) Caracterización molecular de especies forestais: titulación de Enxeñaría de montes. Licenciatura en bioloxía.
Non poderán participar na convocatoria os que xa teñan o título de doutor.
A duración das bolsas convocadas será de 9 meses.
Durante o período de bolsa, a contía das axudas será de 1.150 € mensuais brutos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de febreiro de 2011.
Máis información no DOG do 4 de xaneiro de 2011 e en http://mediorural.xunta.es

martes, 4 de xaneiro de 2011
Exposición Xaneiro
Centro Social de Boiro
Figura Humana "Expresión visual"
Eva Moreno Herrera. Esta Licenciada en Belas Artes, nacida en Suiza e actualmente residindo na vila de Noia, iníciase no mundo da pintura aos 6 anos. Actualmente dirixe a súa propia galería "Hoxeartestudios" en Noia,
un estudio taller co que a artista sempre soñou, un lugar onde poder realizar
as súas obras e ofrecer enseñanza individualizada.
Compaxina a súa labor creativa ca pedagóxica exercendo tamén
de profesora de Ensinanza Secundaria no Colexio Mª Assumpta.

Nova Lei do tabaco
Se queredes obter mais información sobre a chamada nova Lei do Tabaco, neste enalce podedes consultala.
http://www.boe.es/boe/dias/2010/12/31/pdfs/BOE-A-2010-20138.pdf
http://www.boe.es/boe/dias/2010/12/31/pdfs/BOE-A-2010-20138.pdf
E para calquera dúbida ou consulta ou reclamación polo incumprimento da Lei
podédesvos dirixir a:
Berta Gomez Tato
Responsable del PGPVST (Programa Galego de Vida sen Tabaco).
Departamento Territorial de Sanidad. A Coruña.
Tfl. 981155800 - 981155836
berta.gomez.tato@sergas.es
luns, 3 de xaneiro de 2011
Axudas para desprazamento do Concello de Boiro
Finalmente amplíase o prazo ata o 15 de xaneiro do 2011 para solicitar as axudas ao desprazamento para o alumnado que curse estudios técnicos, medios ou superiores ou para o alumnado con necesidades educativas especiais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)