mércores, 19 de xaneiro de 2011

Bolsas para a Republica Checa

O Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa ofrece 7 bolsas para os Cursos de Verán de Estudos Eslavos (Praga- 2 bolsas, Brno 3 - bolsas, Olomouc -2 bolsas). A bolsa cobre a residencia en establecementos universitarios en réxime de pensión completa, matrícula e excursións.


Organizadores:
Cursos de Verán de Estudos Eslavos están organizados polas Universidades Públicas en diferentes lugares da República Checa (Praga, Brno, Olomouc) durante o verán de 2011.
Requisitos dos solicitantes:
Ter suficiente coñecemento da lingua checa ou outra estranxeira (inglés, alemán ou francés). Os cursos son divididos en catro niveis segundo o coñecemento do checo - principiantes e tres niveis de avanzados.
Os candidatos que conseguen a bolsa recibirán aviso da parte da Universidade (aprox. en maio 2011) e deberán responder o antes posible á Universidade para confirmar a participación no curso.


Candidaturas:
As candidaturas para as bolsas dos Cursos de Verán de Estudos Eslavos deberán presentarse por correo na Embaixada da República Checa nos formularios correspondentes antes do 18 de marzo de 2011
Dirección: Avenida Pío XII, 22 -24, 28016, Madrid, Tel.: 91 353 18 80

A candidatura debe conter:
1) aplicación - aplicacións son dispoñibles nas páxinas web das Universidades Públicas checas (indicadas máis abaixo), que organizan os Cursos de verán.
2) currículo vitae
3) carta de motivación

Máis información sobre os Cursos de Verán de Estudos Eslavos:

LŠSS Praha 29.7.- 6.8.2011: http://lsss.ff.cuni.cz/
LŠSS Olomouc 23.7. - 20.8 2011: http://lsss.upol.cz/
LŠSS Brno 23.7. - 20.8.2011: http://www.phil.muni.cz/kabcest/

Embaixada da República Checa: http://www.mzv.cz/madrid


Bolsas para idiomas

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Dinamarca convoca bolsas para cursos de verán e cursos de longa duración en Dinamarca.
A partir do ano escolar 2011/2012, as bolsas de longa duración e de verán no marco dos Convenios Culturais destinaranse especificamente a estudantes de postgrao altamente cualificados, así como a mozos investigadores que desexan afondar nos seus estudos da lingua e cultura danesa, ou nunha área de estudo relacionada con Dinamarca, como por exemplo estudos de deseño, de medioambiente, etc.
O prazo de presentación da solicitude dunha bolsa de longa duración é o 28 de febreiro de 2011.
O prazo de presentación da solicitude dunha bolsa de verán é o 28 de marzo de 2011.

Máis información en www.ambmadrid.um.dk/es

Practicas para traductores

Está aberto o prazo de inscrición para un período de prácticas remunerados para tradutores no Parlamento da Unión Europea. A data de inscrición finaliza o 15 de febreiro de 2011 e o periodo de prácticas comenzaría en xullo
Os períodos de prácticas remunerados para tradutores estarán reservados a titulados universitarios ou de centros asimilados, co fin de que poidan completar os coñecementos adquiridos durante os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.

Requisitos
Todo candidato a un período de prácticas remunerado para tradutores deberá:
- ser nacional dun Estado membro da UE ou dun país candidato (Croacia, a Ex República Iugoslava de Macedonia ou Turquía);
- ter cumprido 18 anos na data de comezo das prácticas;
- non ter gozado de ningún outro período de prácticas remunerado, nin ter desempeñado un traballo remunerado durante máis de catro semanas consecutivas, nunha institución europea ou nun grupo político ou no gabinete dun deputado ao Parlamento Europeo;
- ter finalizado, antes da data límite de presentación das solicitudes, estudos universitarios dunha duración mínima de tres anos avalados por un título;
- ter un perfecto coñecemento dunha das linguas oficiais da Unión Europea ou da lingua oficial dun país candidato á adhesión e un coñecemento profundo doutras dúas linguas oficiais da Unión Europea.


A duración dos períodos de prácticas remunerados para tradutores é de tres meses. Os períodos de prácticas poderanse prorrogar excepcionalmente por un máximo de tres meses.

Data de inicio das prácticas Período de inscrición
1 de xaneiro 15 de xuño - 15 de agosto
1 de abril 15 de setembro - 15 de novembro
1 de xullo 15 de decembro - 15 de febreiro
1 de outubro 15 de marzo - 15 de maio

Aconsellase non esperar ao último día destes prazos para presentar a súa candidatura; teña en conta que o elevado número de candidaturas pode saturar o sistema.
Os períodos de prácticas para tradutores realízanse en Luxemburgo

Máis información e formulario de solicitude na web:
http://www.europarl.europa.eu/parliament/public/staticDisplay.do?id=147&pageRank=5&language=ES

Bolsas para o Congreso dos diputados

O Congreso dos Deputados convoca 3 bolsas individuais para realizar as tarefas ou estudos aplicados de carácter documental, estatístico, informativo, analítico e institucional relacionados cos órganos e a actividade da Unión Europea en xeral ou calquera outra colaboración práctica relacionada coa Unión Europea.
Cada unha das tres bolsas terá unha duración de doce meses e a súa contía total será de 12.900 € brutos por ano.

Requisitos:
a) Ter obtido a licenciatura ou título equivalente nos tres anos anteriores á data da publicación oficial desta convocatoria.
b) Acreditar preparación teórica específica en materias relacionadas cos órganos ou actividades da Unión Europea e, no seu caso, experiencia práctica sobre tales materias.
c) Non ter gozado doutra bolsa do Congreso dos Deputados ou do Senado.
d) Posuír unha competencia suficiente en lingua castelá e en lingua inglesa, como mínimo, e noutras linguas de países membros da Unión Europea.
e) Ter nacido despois do 1 de xaneiro de 1979.

O prazo para presentar solicitudes estará abaerto ata o 27 de xaneiro de 2011.
Máis información no BOE do 6 de xaneiro de 2011 e en www.congreso.es

Axudas a investigacion

A Fundación Banco Herrero convoca 7 axudas á investigación científica para aspirantes procedentes de todo o territorio español, destinadas á promoción e desenvolvemento de traballos científicos ou estanzas en Universidades ou outros Centros de Investigación españois ou estranxeiros, preferentemente en campos do coñecemento económico, empresarial e social.
A contía individual das axudas é de 5.000 euros, podendo variar este importe en atención ao presuposto e circunstancias de cada proposta.

Bases xerais
1. Poderán optar ás axudas todas as persoas que reúnan, a xuízo do Padroado, os requisitos precisos para o seu desfrute.
2. As axudas terán unha duración máxima dun ano.
3. A remuneración do importe asignado efectuarase da seguinte forma: o 30% ao iniciarse o traballo; outro 30% tras a aprobación por parte da Fundación do avance semestral, e o resto á aprobación do traballo final.
4. Os candidatos realizarán a solicitude a través dunha aplicación informática dispoñible na web www.bancoherrero.es ( Fundación Banco Herrero/axudas á investigación) ou ben en www.bancosabadell.es (Sociedade/Fundacion/Fundacion Banco Herrero/Axudas á Investigación).

O prazo para a presentación de solicitudes finaliza o día 31 de xaneiro de 2011.

luns, 17 de xaneiro de 2011

Bolsas do Programa Salvador de Madariaga en Florencia

O Ministerio de Educación convoca 16 bolsas e contratos do Programa Salvador de Madariaga no Instituto Universitario Europeo de Florencia (IUE).


As áreas científicas que poderán ser obxecto dos proxectos a realizar no IUE son:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). A Historia das ideas e a Historia da ciencia. Estado, Economía e Réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e Historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: Perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.


A duración máxima das axudas será de corenta e oito meses. As axudas estrutúranse en dous períodos diferenciados, o primeiro en réxime de bolsa e o segundo de contrato en prácticas.

As axudas comprenderán:
Unha dotación económica mensual de 1.400 € durante a fase de bolsa dos dous primeiros anos e de 1.500 € durante a fase de contrato durante o terceiro e cuarto ano.
Unha axuda de viaxe de incorporación para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 € cada unha.
Os beneficiarios das axudas serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social e terán a cobertura da asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.


Requisitos: título de licenciado ou equivalente, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutorado nos devanditos campos.
Ter finalizado os estudos aos que se refire o parágrafo anterior, con posterior ao 1 de xaneiro de 2002 e ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
O prazo de presentación de solicitudes estará abaierto ata o 31 de xaneiro de 2010.
Máis información no BOE do 8 de xaneiro de 2010 e en www.educacion.es

martes, 11 de xaneiro de 2011

Bolsas de Promoción exterior

O Igape convoca 16 bolsas de promoción exterior que teñen como obxectivo fundamental o de formar especialistas en comercio e investimento internacional e colaborar na internacionalización do tecido empresarial galego. O prazo de presentación de solicitudes polos novos titulados interesados remata o próximo 3 de febreiro.

O obxecto destas axudas diríxese a formar a especialistas no ámbito internacional á vez que realizan prácticas encamiñadas á captación de investimentos e expansión exterior da empresa galega; as prácticas estarán referidas á detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, busca de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

As bolsas estarán dotadas cunha cantidade base anual de 19.460 euros que poderá ascender ata 34.000 euros dependendo do país e cidade de destino.

Os bolseiros escollidos no marco desta convocatoria xa publicada no DOG (3 de xaneiro) realizarán, entre outras, prácticas referidas á busca de oportunidades de negocio para as empresas galegas ou á captación de investimentos cara á Galicia. As bolsas terán unha duración máxima de doce meses que poderá ser prorrogada polo Igape por un máximo doutro ano adicional.

Máis información: DOG (3 de xaneiro