xoves, 5 de xaneiro de 2012
Becas de formación para Florencia
As áreas científicas que poderán ser obxecto dos proxectos a realizar no IUE son:
a) Historia e civilización. Reconsiderando a historia de Europa. Historia da expansión europea. Historia da cultura (séculos XV a XX). A Historia das ideas e a Historia da ciencia. Estado, Economía e Réximes políticos (séculos XV a XX). Historia internacional e Historia da integración europea. Xénero, muller e familia.
b) Economía. Estatística e econometría. Macroeconomía. Microeconomía.
c) Dereito. Europeización do dereito privado. Impacto da constitucionalización e a ampliación sobre o dereito da Unión Europea. Impacto da globalización no dereito internacional e os dereitos humanos: Perspectiva europea.
d) Ciencias políticas e sociais. Transformación de goberno e democracia. Cambio social. Estudo comparativo de políticas públicas. Estruturas políticas e sociais e comportamento. Relacións internacionais e seguridade. Teoría social e política.
A duración máxima das axudas será de corenta e oito meses. As axudas estrutúranse en dous períodos diferenciados, o primeiro en réxime de bolsa e o segundo de contrato en prácticas.
As axudas comprenderán:
Unha dotación económica mensual de 1.400 € durante a fase de bolsa dos dous primeiros anos e de 1.500 € durante a fase de contrato durante o terceiro e cuarto ano.
Unha axuda de viaxe de incorporación para o primeiro e outra para o terceiro ano por un importe total de 700 € cada unha.
Os beneficiarios das axudas serán incorporados ao réxime xeral da Seguridade Social e terán a cobertura da asistencia sanitaria do sistema de Seguridade Social.
Requisitos: título de licenciado ou equivalente, en materias xurídicas, económico-empresariais, político-sociolóxicas, ou de humanidades, para a realización do doutorado nos devanditos campos.
Ter finalizado os estudos despois do 1 de xaneiro de 2003 e ser menor de 35 anos no momento de incorporarse ao Instituto.
Ter dominio de dúas linguas oficiais da Unión Europea, con preferencia do inglés e/ou francés.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 10 ao 31 de xaneiro de 2012.
Máis información no BOE do 3 de xaneiro de 2012 e en www.educacion.es
mércores, 4 de xaneiro de 2012
Formación en habilidades sociais para profesionais
Datas: venres 3 e 4 de febreiro. Padrón(A coruña)
Prezo: 40 euros
Prazas limitadas
Para mais información e inscricións:
www.chisem.es
martes, 3 de xaneiro de 2012
Formacion no Centro Social de Boiro
Contidos:
Efectos de gravación de instrumentos e voces
Edicion e automoción
Samplear e secuenciar
Hardware e Software
Lugar:
Centro Social de Boiro
Datas:
Febreiro
Inscricións e información:
cheagp@hotmail.com
omix@boiro.org
981842635
Cursos de Fotografía: Foto-noite
Taller teórico-práctico de fotografía nocturna pensado para resolver situacións de pouca luz, adaptándose a calquer tipo de cámara, tanto analóxica e dixital.
Lugar:
Centro Social de Boiro
Horario:
Luns de 20 a 21.30h
Datas:
16-23-30 xaneiro e 6-13-20 febreiro
Inscricións e información:
m.casanova@telefonica.net
omix@boiro.org
981842635
Oferta Formativa Cruz Vermella Boiro
Para máis información: Centro Social de Boiro (3º andar), Cruz Vermella de Boiro,
Telf. 981844804
e-correo: gaboiro@cruzroja.es
luns, 2 de xaneiro de 2012
III Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil
Este encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mobilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades prestadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.
Todos/as os/as interesados/as en participar en programas de voluntariado europeo, intercambios ou iniciativas europeas é a vosa oportunidade para coñecer mais acerca de estos programas.
Inscricións en http://xuventude.xunta.es/201112275883/iii-encontro-galego-de-mobilidade-xuvenil.html
Axudas ao transporte para estudantes 2012
O prazo para solicitar as axudas ao transporte e entregar a documentación no Concello de Boiro, remata o día 14 de xaneiro.
Nos taboleiros de anuncios do Concello de Boiro e o Centro Social e na páxina web do concello(www.boiro.org) podedes consultar as BASES POLAS QUE DEBE REXIRSE A CONVOCATORIA DE AXUDAS AO DESPRAZAMENTO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS TÉCNICOS, MEDIOS OU SUPERIORES, OU PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS.
Os documentos deberán ser entregados en rexistro no concello acompañados da folla de solicitude que poderá recollerse en conserxería no Concello de Boiro ou na Oficina de Información Xuvenil(Centro Social de Boiro, 1º andar).